Socios
Descrición xeral do partenariado:
ECA-IT está composto por un partenariado con experiencia e traxectoria na xestión de proxectos con cofinanciación comunitaria e con competencias para promover a innovación empresarial.
O conxunto de entidades que participan como socios teñen a vontade de desempeñar unha xestión eficiente e de calidade, ademais de facilitar a transferencia das boas prácticas detectadas, a outras áreas ou territorios.
Este partenariado está formado por:
- Fundación para a Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico en Galicia, que actúa como xefe de filas, segundo o acordo da totalidade das entidades sociais.
- BIC Minho actúa como socio número 1 do Proxecto. Esta entidade portuguesa ten como obxectivo a promoción e o apoio á innovación empresarial.
- Dirección Xeral de I + D + i, socio número 2 do proxecto, que pertence á Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia (actualmente Axencia Galega de Innovación).
- TURGALICIA, socio número 3, que participa no Proxecto aportando tanto a súa experiencia en xestión de proxectos europeos como a súa capacidade e coñecementos para a mellora dos indicadores de innovación no sector turístico.
- Instituto Politécnico de Viana do Castelo, socio número 4, quen colaborará co conxunto do partenariado para a execución das actividades programadas neste Proxecto.
- Instituto Empresarial do Minho, socio número 5, entidade portuguesa impulsora de accións de innovación e proxectos.