Actos e eventos mais relevantes do proxecto
Ademais do desenvolvemento técnico de estudos e análisis directamente relacionados cos axentes tractores da innovación na eurorrexión, se realizaron outras actividades públicas no ámbito territorial para formar, promocionar, concenzar e divulgar a filosofía da innovación como instrumento de progreso e os contidos do proxecto:
- Cursos: Accións formativas desenvolvidas durante o ciclo de vida do proxecto para dotar de competencias ós profesionais e empresas dende a perspectiva transfronteiriza.
- Seminarios: actos de promoción e divulgación de experiencias e valores da innovación como factor competitivo, ademais de servir de espazos de cooperación e captación de empresas e profesionais.
- Xornadas: actos de divulgación e foros de transmisión de estratexias e coñecementos de vangarda do proxecto.